Severiano Martínez Anido

Data de nacemento
21/05/1862
Lugar de nacemento
Ferrol (m)
Data de defunción
24/12/1938
Lugar de defunción

Valladolid
Biografía

Militar español. Participou nas campañas de Filipinas e de África, ascendendo a capitán e comandante por méritos de guerra. En 1909 ascendeu a tenente coronel, volvendo a Marrocos ao mando do batallón de Cazadores de Cataluña. En 1911 foi nomeado axudante honorario de Alfonso XIII, un ano despois, director da Academia de Infantería.
Como gobernador civil de Barcelona (1919-1922), Martínez Anido reprimiu con extrema dureza os movementos anarcosindicalistas, aplicando a denominada "lei de fugas" e logrando sofocar a folga xeral de 1919. Durante a ditadura do Xeneral Primo de Rivera (1923-1929) foi director xeral de Seguridade e ministro de Gobernación.
Coa chegada da II República, exiliouse a Francia, en virtude da "Lei de Retiro" promulgada polo goberno. Co comezo da Guerra Civil, regresou a España para prestar os seus servizos no bando sublevado, e foi designado presidente do Padroado Nacional Antituberculoso. En outubro de 1937 foi nomeado xefe dos Servizos de Seguridade Interior, Orde Público e Fronteiras, dependentes da xefatura do Estado. Foi ministro de Orden Público no primeiro goberno franquista. Martínez Anido desempeñou este cargo ata o seu falecemento en decembro de 1938.
Información extraída de: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/martinez_anido.htm

José Manuel García Barbón

Data de nacemento
1831
Lugar de nacemento
Verín (Verín (comarca))
Data de defunción
1909
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Don José Manuel García Barbón foi un dos grandes mecenas que tivo Vigo a finais do século XIX e unha das súas personalidades máis ilustres.
Naceu en Verín en 1831 no seo dunha familia acomodada. A pesar diso, aos 13 anos emigra a Cuba da man do seu tío Luciano, naqueles momentos un dos homes máis ricos da illa. Como Luciano non tiña descendencia consideraba o seu sobriño o seu herdeiro. Por iso decidiu introducilo no mundo das finanzas. García Barbón destaca nos asuntos mercantís e con 25 anos xa posuía un notable capital persoal co que funda na Habana o seu propio banco.
Uns anos despois traba grande amizade con outro ilustre personaxe vigués: José Policarpo Sanz, que era dez anos máis novo e tamén posuidor dunha das maiores fortunas da illa alcanzando un grande éxito nos negocios.
Ao igual que o seu tío Luciano, García Barbón fíxose masón e permaneceu solteiro. Conxugaron o exercicio da filantropía co da banca, e así ambos os dous foron os principais impulsores da Sociedad de Beneficencia de los Naturales de Galicia e do Centro Gallego de La Habana.
En 1884, con 53 anos de idade, por problemas de saúde decide liquidar todos os seus negocios en Cuba e regresa a Galicia. Por aquel entón a súa fortuna era inmensa.
Ao principio instálase en Verín, onde permanecería durante 10 anos. Alí funda escolas e colabora en obras de beneficencia. Tamén promove empresas como o Hotel Balneario de Cabreiroá e Electra de Verín.
Dez anos despois, por motivos que se descoñecen (algúns din que porque se sentía moi só nun lugar illado e pequeno, outros porque se sentía molesto pola incomprensión dos seus veciños e porque, nun momento político dado, foron talladas as árbores dunha alameda que el construíra para o pobo), decide instalarse en Vigo en 1894 xunto coa súa irmá Carlota e as catro fillas desta, que logo serían as súas herdeiras. En Vigo continúa co seu labor benéfico e adquire un extenso terreo sobre a que hoxe é a súa rúa, e á que chamou Vista Alegre. Alí constrúe dous fabulosos palacetes, un para el e outro de maior tamaño para a familia da súa irmá.
Tamén compra propiedades e levanta algúns dos edificios máis destacados da época. Como a magnífica Escola de Artes e Oficios, que constrúe no ano 1900 e que remata doando ao Concello, ou o Asilo del Niño Jesús de Praga, tamén doado ao Concello. Tamén quixo colaborar coa cultura comprando o Teatro Rosalía Castro (que estaba abandonado na rúa Marqués de Valladares) para dedicalo a fins culturais.
Tamén axuda a asociacións benéficas e a numerosas persoas que ían visitalo ao seu terreo de Vista Alegre.
Finalmente falece o 7 de Marzo de 1909 con 78 anos de idade. As crónicas da época contan que ao seu enterro acudiu unha gran parte da poboación, unhas vinte mil persoas, e que constituíu unha manifestación de duelo popular.
Información extraída de :
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2007/02/don-jos-garca-barbn.htm…

Fernando Díaz de Mendoza y Aguado Uribe y Flórez

Data de nacemento
07/06/1862
Lugar de nacemento
Murcia <(provincia)>
Data de defunción
20/10/1930
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Conde de Balazote e conde de Lalain, os dous con grandeza de España, e marqués de Fontanar. Actor teatral, esposo en segundas nupcias da actriz María Guerrero, con quen triunfou nos principais escenarios de Europa e América; chegaron a ter un teatro propio en Argentina, o Teatro Cervantes. A primeira actuación coa súa futura esposa tivo lugar na representación de Mariana, de José Echegaray. Pouco despois foi contratado pola compañía que posuía o pai da actriz, Ramón Guerrero, dirixida polo insigne actor Ricardo Calvo y Revilla. Díaz de Mendoza destacou especialmente no xénero da traxedia, na que facía gala dun gran dominio escénico; así o mostrou na estrea da eloxiada obra de Ángel Guimerá María Rosa (1894). Actuou durante varias tempadas no Teatro Español de Madrid, foi propietario do Teatro Princesa da capital (1910), promoveu a construción do Teatro Cervantes de Bos Aires e tamén dirixiu durante algún tempo o Conservatorio de Música de Madrid. Fernando Díaz de Mendoza e Guerrero e avó dos tamén actores Fernando Fernán Gómez e Mari Carmen Díaz de Mendoza. Faleceu no Hotel Moderno na cidade de Vigo, dende foron trasladados os seus restos por ferrocarril a Madrid.