Nicolás Taboada Leal

Data de nacemento
1798
Lugar de nacemento
Viveiro (Mariña Occidental (A) (comarca))
Data de defunción
04/12/1883
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Nicolás Taboada Leal, nado en Viveiro en 1798 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1883 foi un médico, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo.
Foi o primeiro médico que diagnosticou un caso de cólera en España e un dos impulsores da instalación dun lazareto na illa de San Simón, na Ría de Vigo.
Os seus restos descansan so "Panteón de vigueses ilustres" como narra o ABC
"El ayuntamiento ha acordado el traslado de los restos del historiador vigués D. Nicolás Taboada Leal y del filántropo D. Norberto Velázquez Moreno, desde el cementerio viejo, al panteón de la nueva Necrópolis, destinado a guardar los restos de vigueses ilustres."
Entre as súas obras destacan:
Descripcion topografico-historica de la ciudad de Vigo, escrita en 1840. Donde intenta achegar noticias relativas á urbe, estuda os barrios que a conformaban, a morfoloxía dos seus arredores, as vías que a comunicaban cos distintos pobos, as producións e riquezas da rexión e o carácter e os usos e inclinacións dos seus naturais.
Hidrología médica de Galicia: ó sea noticia de las aguas minero-medicinales de las cuatro provincias de este antiguo reino, escrita en 1877.
Información extraída de:
gl.wikipedia.org/wiki/Nicolás_Taboada_Leal
http://www.extramuros.es/mas_informacion_sobre__Descripcion-topografico…
ABC, 7 de novembro de 1924.

Miguel Fleta

Data de nacemento
01/12/1897
Lugar de nacemento
Albalate de Cinca
Data de defunción
29/05/1938
Lugar de defunción

Coruña (A) (l)
Biografía

Miguel Burro Fleta -Miguel Fleta- era o decimocuarto fillo, e o oitavo vivo, de Vicente Burro Gayán e María Fleta Esparragüerri. Foi descuberto polo cantante de jotas Miguel Asso, quen o iniciou na súa arte. No outono de 1917 viaxa a Barcelona decidido a estudar canto. Luisa Pierrik escóitao cantar e ofrécese para ser a súa profesora no Conservatorio do Liceo de Barcelona.
Debuta no Teatro Comunale Giuseppe Verdi de Trieste interpretando a "Paolo el Bello" na ópera Francesca de Rimini de Riccardo Zandonai baixo a batuta do propio compositor, o 14 de decembro de 1919. A continuación representa Aida, de Verdi, no mesmo teatro.
En abril de 1920 preséntase na Volksoper de Viena, con Aida. Interpreta tamén o Mefistofele de Boito, e a continuación, Tosca de Puccini. O 14 de febreiro de 1922 participa na estrea mundial da ópera Giulietta e Romeo, no Teatro Costanzi de Roma. Preséntase no Teatro Real de Madrid o 7 de marzo de 1922, no papel de "Don José" de Carmen, de Bizet. Debuta no Teatro Colón de Buenos Aires ¡ o 25 de maio de 1922, interpretando o segundo acto de Carmen. A súa primeira aparición no Metropolitan de Nova York prodúcese o 8 de novembro de 1923 co papel de "Cavaradossi" de Tosca.
O 5 de abril de 1925 canta La Bohème de Puccini na representación con que se pecha o Teatro Real de Madrid. O 2 de xullo de 1925 nace o seu segundo fillo, Alfonso e rompe definitivamente con Luisa Pierrik. O 5 de novembro dese mesmo ano fai a súa presentación no Gran Teatro do Liceo de Barcelona cantando Carmen. O 25 de abril de 1926, na estrea mundial de Turandot de Puccini na Scala de Milán.
O 20 de abril de 1927 cásase en Salamanca con Carmen Mirat, con quen terá catro fillos, Elia (1928), Miguel Ángel (1929), Paloma (1931) e Javier (1935). O 15 de novembro de 1927, a Sociedade Metropolitana Opera Company de Nova York presenta nos Xulgados de Madrid unha demanda contra Miguel Fleta por incumprimento de contrato, fallando definitivamente o Tribunal Supremo Español a favor da Sociedade neoiorquina. Por estas datas sofre unha larinxite aguda, acompañada por un medo insuperable a perder a voz. A afección é tratada con éxito, pero, malia que volverá cantar, xa nunca recuperará a seguridade de antes.
No último tramo da súa vida leva a cabo unha nova xira europea (1931), e protagoniza varias representacións no Teatro Calderón de Madrid (1932).
O 27 de abril de 1937 canta por última vez Carmen no Coliseu dos Recreios de Lisboa. Morre na Coruña, vítima dunha uremia fulminante, o día 29 de maio de 1938. Os seus restos mortais repousan en Zaragoza.
B.: http://www.miguelfleta.com/