Biografía
Estudio Fotográfico existente en Pontevedra. Na rúa Peregrina, 26. A presenza deste fotógrafo en Pontevedra está constatada desde finais do século XIX. é un dos primeiros estudos fotográficos en Galicia en anunciarse en revistas mediante unha gran fotografía (no nº 25 de "Galicia moderna ", publicado en 1898). Pola fotografía pode verse como era un gran estudio da época: un amplo salón, o fotógrafo (ou algún operario) que se dispón a disparar unha fotografía a unha persoa que está ao fondo da sala. Un grupo de persoas espera a ser fotografado.O salón ten unha galería de cristais (que permite unha gran entrada de luz), a presenza de dous fondos diferentes, e outros artiluxios necesarios para a fotografía (trípode, reflectores, mobilario, etc).