Biografía
Antonio Palacios é un dos arquitectos mais importantes e influentes en España durante a primeira metade do século XX. Foi o responsable dalguns dos edificios mais emblemáticos de Madrid que contribuiron a transformar a antiga vila barroca nunha metrópoli moderna. Ademais de residir permanentemente en Madrid e de realizar nesta cidade algunhas das suas obras mais coñecidas, sempre mantivo un vínculo cultural e profesional co seu entorno galego natal. A produción arquitectónica de Palacios alcanza seu punto álxido no periodo que vai entre 1910 e 1926. Moitas das súas obras perviven ó paso do tempo grazas as rehabilitaciones arquitectónicas, cambiando as súas funcións orixinais e acollendo sedes de organismos privados e do Estado, tal e como sucede en tres dos seus mais representativos edificios de Madrid; o Pazo de Comunicacións (sede do Concello de Madrid), o Hospital de Xornaleiros de Maudes (Conselleería de Transporte da Comunidade de Madrid), a Casa das Cariátides (sede da central do Instituto Cervantes) e o Círculo de Belas Artes de Madrid.
Parte destacable da súa obra galega pódese atopar na cidade de Vigo,45, e no seu Porriño natal, onde se poden contemplar a Fonte do Cristo, a Botica Nova e a Casa Consistorial, edificio de interesante volumetría cuxo esquema compositivo presenta semellanzas có Círculo de Belas Artes de Madrid. Unha obra casi descoñecida a temos en Santiago de Compostela, na Alameda, edificación que actualmente emprégase como gardería infantil. O Teatro García Barbón do periodo (1910-1927 e o Edificio Banca Viñas-Aranda (no 1942). Outra obra interesante é o "Templo Votivo do Mar" en Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán. Súa derradeira gran obra é a Iglexa da Vera Cruz, no Carballiño, obra que non pudo ver terminada.