Templo católico consagrado á Virxe do Carmo (Virxe do mar), acollendo tamén á figura de San Xóan Bautista, provinte da antiga igrexa sita onde está o Arco Visigótico, coñecida tamén coma igrexa parroquial de San Xóan de Panxón, pertencente ó municipio de Nigrán, Vigo.
Este edificio foi deseñado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo, autor de obras coma o Pazo de Comunicacións ou o Círculo de Belas Artes de Madrid. A súa construción tivo lugar entre 1932 e 1937.
O edificio de granito, inspirouse no arco visigodo do século VII próximo ó templo, un dos escasos exemplos de arquitectura xermánica en Galicia. A igrexa a pesares do seu orixe ten toques góticos, influencia musulmá e toques modernistas pero tentando sempre plasmar o arte galego e cá finalidade de brindar esta obra a todas as xentes do mar.