Enrique Conde Escuredo

Data de nacemento
1950
Lugar de nacemento
Benavente
Biografía

Este artista desenvolveu gran parte da súa obra en Ourense, sobre todo no eido da escultura polo que máis se coñece. Comezou a súa carreira artística nos anos 70 e nos 80 xa era un artista consolidado

Elvira Martínez Villa

Data de nacemento
1942
Lugar de nacemento
Rosal (O) (Baixo Miño (comarca))
Biografía

Esta artista foi unha das figuras máis destacadas de Estampa Popular Galega, un grupo de artistas gravadores de distintos estilos e formación, que ideaba dentro do país, a súa oposición á ditadura desde as artes plásticas. Pretendían contribuír á concienciación social e política desde un punto de vista crítico utilizando ás artes gráficas como un medio

Félix Cuadrado Lomas

Data de nacemento
1930
Lugar de nacemento
Valladolid
Biografía

Aínda que comezara na Escola de Artes e Oficios a súa aprendizaxe artística é practicamente autodidacta. Coa súa particular visión das paisaxes foise consolidando no mundo da pintura, tendo influencias tanto do impresionismo como do cubismo.

Alejandro Gómez Cruz

Data de nacemento
1945
Lugar de nacemento
Ourense (l)
Biografía

Artista coñecido popularmente como Alexandro. Forma parte da xeración artística do Ourense dos anos 60-70 coñecida como «Os Artistiñas». Despois de realizar varias viaxes por Europa aos 30 anos regresa a súa cidade. É un pintor que foi gañando versatilidade e recursos expresivos co paso do tempo

Alberto Datas Panero

Data de nacemento
1935
Lugar de nacemento
Coruña (A) (l)
Data de defunción
2007
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Formouse academicamente na súa cidade natal e en Madrid. Os seus anos decisivos comezan cando abandona a España franquista para seguir formándose en Venecia e Roma. Grazas as viaxes que realizou naquela época coñeceu as vangardas europeas e a verdadeira liberdade artística, que definirán o seu estilo.

Adolfo Abel Vilela

Data de nacemento
1946
Lugar de nacemento
Lugo (l)
Biografía

Formado nas disciplinas de Arte e Historia. É graduado en Artes Aplicadas (especialidade de cerámica), licenciado en Xeografía e Historia (especializado en Arte Moderna e Contemporánea) e doutor en Xeografía e Historia.

Acisclo Manzano Freire

Data de nacemento
1940
Lugar de nacemento
Ourense (l)
Biografía

Artista ourensán ligado ao grupo «Os Artistiñas», unidade cultural e plástica na Galiza cultural dos anos 60. Formouse academicamente en Santiago, Ourense e posteriormente Alemaña. Os seus traballos, novidosos e rupturistas, renovaron a tradición escultórica galega por levar as formas cara novas posibilidades.

Antonio Cánovas del Castillo y Vallejo

Data de nacemento
1862
Lugar de nacemento
Madrid
Data de defunción
13/09/1933
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Antonio Cánovas del Castillo y Vallejo, coñecido polo seudónimo de Dalton Kaulak oo simplemente Kaulak
Antes de 1905 Kâulak editou unha serie de tarxetas postais, denominada «Colección Cánovas» que foi impresa na Fototipia Hauser y Menet de Madrid.

Henri Manuel

Data de nacemento
24/04/1874
Lugar de nacemento
Paris
Data de defunción
11/09/1947
Lugar de defunción

Francia
Biografía

O seu pasamento tivo lugar en Neuilly-sur-Seine (Francia).
En 1900, abriu cun irmán un estudio especializado no retrato de personalidades do mundo político e artístico. Os irmáns sepáranse antes da Primeira Guerra Mundial e en 1925, Henri Manuel se instala só en Paris.
Dende a Primeira Guerra Mundial ata 1944, foi fotógrafo oficial do goberno.
Según Françoise Denoyelle, de 1906 a 1938, "Henri Manuel traballa para trinta revistas de moda: La Femme de France (1922-1935), Les Grandes Modes de Paris (1906-1931), Modes de la femme de France (1922-1935), Le Petit Écho de la Mode (1928-1936)". Entre 1921 e 1931, fai un traballo sobre institucións para menores por encargo do Ministerio de Xustiza.
En 1923, con Jacques-André Boiffard e Man Ray, ilustrou a primeira edición de Nadja d´André Breton publicada na colección blanche de Gallimard. Cosette Harcourt traballou de 1932 a 1933 no estudio como xerente de ventas antes de fundar Studio Harcourt. Os fondos de Henri Manuel consérvanse nos arquivos fotográficos da Médiathèque de l´Architecture et du Patrimoine; conteñen mais de 600 placas de vidro e copias en papel.