Guillermo Steinbrüggen Lago

Data de nacemento
1952
Lugar de nacemento
Vigo (m)
Biografía

Guillermo Steinbrüggen Lago, formado na Escola Superior e na Universidade de Belas Artes de Berlín, destaca pola súa producción escultórica ainda que tamén na súa producción conta con traballos de cartelismo, mural, cine e escenografía (formándose nas súas estancias en Sevilla, Vigo e Barcelona). Entre algunhas das obras vinculadas a escultura para espazos públicos podemos destacar: "O Ferreiro" obra en hierro de chatarra, 1982, Vigo / Plaza de la Industria; "Runder Tisch" ("Mesa redonda"), obra en hierro batido y canto rodado, 1990, Schwerin / Puschkinstrasse; "Auseinandersetzer", ("Exponiente"), obra en mármol de Eggeberg, 1992, Lübeck-Travemünde, muelle de entrada; ou "Sudado" obra en mármol de Pietrasanta, 1995, A Coruña / Museo de Belas Artes. Colabou tamén con diferentes compañías teatrais como a viguesa ARTELLO.

Filomena Díaz Villada

Data de nacemento
27/05/1850
Lugar de nacemento
Mondoñedo (l)
Data de defunción
28/08/1913
Lugar de defunción

Mondoñedo (l)
Biografía

Filomena Díaz Villada nace en Mondoñedo o 27 de maio de 1850 e morre na misma localidade o 28 de agosto de 1913. Dedicada profesionalmente a fotografía temos constancia de que contaba co seu propio gabinete fotográfico os 30 anos e, aínda que se descoñece cando puido comezar no oficio, a súa formación téndese a relacionar con Antonia Santos, fotógrafa da mesma localidade e que puido ser a súa mestra. Filomena Díaz, rexentaba un gabinete fotográfico que levaba o seu nome na rúa Padilla, número 16, actualmente rúa Alfonso VII. Este era un dos poucos gabinetes abertos en Galicia a nome dunha muller nesa época. Especializada en retratos, entre a produción que desta fotógrafa consérvase, destaca a presencia de formatos como a Tarxeta Victoria, Tarxeta Salón, Tarxeta Gran Promenade ou Tarxeta París, que xurdiron a raíz da gran popularidade acadada pola Tarxeta de Visita. A meirande parte das fotografías conservadas contan no reverso co logotipo do seu gabinete e a dirección do mesmo. Noutros casos aparecen as marcas unicamente das iniciais: F.D.

Antonia Xosefa Santos García

Data de nacemento
30/06/1831
Lugar de nacemento
Mondoñedo (l)
Biografía

Antonia Xosefa Santos García nace en Mondoñedo o 30 de xuño do 1831. Segundo o censo de poboación, vivía coa súa irmá na Rúa das Angustias onde debían ter o seu estudo de fotografía. Puido chegar a ser a mestra de fotografía de Filomena Díaz Villada quen en 1880 aparece traballando como fotógrafa na mesma rúa. Só se conservan dúas fotografías realizadas por Antonia e ambas están relacionadas co mundo do carlismo.

Santiago Pernas Salazar

Data de nacemento
03/11/1881
Lugar de nacemento
Viveiro (Mariña Occidental (A) (comarca))
Data de defunción
30/08/1951
Lugar de defunción

Mondoñedo (l)
Biografía

Santiago Pernas Salazar nacido en Viveiro o 3 de novembro do 1881, dedicouse a pintura e fotografía desenvolvendo ambas actividades maiormente na localidade de Mondoñedo. Chegándose a formar en Madrid, onde melloraría a súa técnica pictórica e achegaríase por primeira vez a fotografía, a capital deixa nel unha fonda pegada preto do vangardismo e o sabor bohemio da cidade. Esta mesma característica queda representada nas orlas decorativas das súas fotografías. O seu primeiro estudo leva o nome de " Modernista Pernas" situado na rúa da Fonte en Mondoñedo; para rematar por desprazarse a outro inmoble no Barrio dos Molinos de Arriba tamén na mesma localidade. Durante os seus años de actividade realizou frecuentes viaxes A Coruña para visitar o gabinete de Pedro Ferrer onde facíase con novo material e puido perfeccionar a súa técnica fotografía. Entre os seus traballos destaca o álbum " Do Noso Lar. Álbum Artísitico- Literario". Algunhas fotografías realizadas para este encargo foron reproducidas en " Vida Gallega" onde descríbese ao autor como " mago del pincel y del objetivo". Aínda que ensinou o oficio a tres dos seus fillos, sería Pepe o que o sucedería.

Rafael Montes Cuartero

Data de nacemento
30/09/1870
Lugar de nacemento
Requena
Data de defunción
18/04/1914
Lugar de defunción

Segovia (m)
Biografía

Rafael Montes Cuartero se instala no nº 11 da rúa Victoria de Segovia no ano 1897. O nome comercial R. Montes y Compañía débese a que está a traballar co seu cuñado Justo Sanz Fernández, tamén fotógrafo. A súa actividade principal é a de retratista. No ano 1912 traslada o seu estudio ao nº 6 da praza do Corpus, onde terá lugar os eu pasamento o 18 de abril de 1914.
https://segoviaymatematicas.blogspot.com/