Mondoñedo (l)
Santiago Pernas Salazar nacido en Viveiro o 3 de novembro do 1881, dedicouse a pintura e fotografía desenvolvendo ambas actividades maiormente na localidade de Mondoñedo. Chegándose a formar en Madrid, onde melloraría a súa técnica pictórica e achegaríase por primeira vez a fotografía, a capital deixa nel unha fonda pegada preto do vangardismo e o sabor bohemio da cidade. Esta mesma característica queda representada nas orlas decorativas das súas fotografías. O seu primeiro estudo leva o nome de " Modernista Pernas" situado na rúa da Fonte en Mondoñedo; para rematar por desprazarse a outro inmoble no Barrio dos Molinos de Arriba tamén na mesma localidade. Durante os seus años de actividade realizou frecuentes viaxes A Coruña para visitar o gabinete de Pedro Ferrer onde facíase con novo material e puido perfeccionar a súa técnica fotografía. Entre os seus traballos destaca o álbum " Do Noso Lar. Álbum Artísitico- Literario". Algunhas fotografías realizadas para este encargo foron reproducidas en " Vida Gallega" onde descríbese ao autor como " mago del pincel y del objetivo". Aínda que ensinou o oficio a tres dos seus fillos, sería Pepe o que o sucedería.