Mondoñedo (l)
Filomena Díaz Villada nace en Mondoñedo o 27 de maio de 1850 e morre na misma localidade o 28 de agosto de 1913. Dedicada profesionalmente a fotografía temos constancia de que contaba co seu propio gabinete fotográfico os 30 anos e, aínda que se descoñece cando puido comezar no oficio, a súa formación téndese a relacionar con Antonia Santos, fotógrafa da mesma localidade e que puido ser a súa mestra. Filomena Díaz, rexentaba un gabinete fotográfico que levaba o seu nome na rúa Padilla, número 16, actualmente rúa Alfonso VII. Este era un dos poucos gabinetes abertos en Galicia a nome dunha muller nesa época. Especializada en retratos, entre a produción que desta fotógrafa consérvase, destaca a presencia de formatos como a Tarxeta Victoria, Tarxeta Salón, Tarxeta Gran Promenade ou Tarxeta París, que xurdiron a raíz da gran popularidade acadada pola Tarxeta de Visita. A meirande parte das fotografías conservadas contan no reverso co logotipo do seu gabinete e a dirección do mesmo. Noutros casos aparecen as marcas unicamente das iniciais: F.D.