Kodak

Data de nacemento
1881
Lugar de nacemento
Estados Unidos
Biografía

A compañía Eastman Kodak fundouse a partires da "Eastman Dry Plate Company", empresa para a fabricación de placas fotográficas fundada polo inventor George Eastman co mecenado do empresario Henry Strong en 1881 en Rochester, Nueva York, nos Estados Unidos de América Tanto o nome como o logo rexistráronse no mercado alemán entre o 29 de outubro de 1894 e o 5 de abril de 1895.
A empresa, tamén coñecida coma "o xigante amarelo" foi case desde sempre o maior provedor de película tanto a nivel amateur como profesional. Seu gran éxito comercial foi a introdución do carrete de papel no mercado no ano 1888, o que provocou a substitución das pracas de cristal empregadas até o momento, así como o lanzamento no mesmo ano da cámara Kodak 100 Vista, que utilizaba carretes de 100 fotos circulares e para cuxa campaña de promoción acuñose a frase "Vostede apreta o botón, nós facemos o resto". Posteriormente, lanzou o carrete de celuloide que terminou por empregar unha protección que permitía a sua extracción e colocación baixo a luz solar. Outras cámaras famosas foron a Kodak Brownie e a Kodak Instamatic.
Despois de perder unha batalla pola patente da fotografía instantánea con Polaroid, Kodak abandonou o mercado das cámaras instantáneas no año 1986.