Xosé Luis de Dios Martínez

Data de nacemento
1943
Lugar de nacemento
Ourense (l)
Data de defunción
2010
Lugar de defunción

Ourense (l)
Biografía

Foi un dos artistas fundamentais do grupo ourensán «Os Artistiñas». Nese ambiente vangardista, promovido polos intelectuais galeguistas, comezou a súa formación na Escola de Artes e Oficios. Seguiu a súa formación en Madrid mais, como outros artistas da súa xeración, sacoulle máis partido aos museos que a formación académica. As viaxes que realizou na súa xuventude, polo Mediterráneo e por América, foron claves na súa traxectoria artística.