Balcón principal
Preséntanse as principais actividades da viticultura tradicional, o ciclo da vide e os seus protagonistas, así como algúns oficios relacionados: ferreiros, cesteiros e oleiros.
Os catro ciclos principais do ano marcan os traballos nas viñas, que comezan no final do outono e rematan na vendima. A través de recursos audiovisuais ilústrase a evolución da vide ao longo de todo un ano e os traballos da viña cos seus protagonistas.
Balcón principal
O paso entre as Salas 2 e 3 permite unha pequena parada no discurso, onde se sitúa unha balconada que mira á paisaxe da viña, co val ao fondo e a igrexa de Santo André no primeiro termo. Un "sky line" destaca os elementos máis representativos desta paisaxe.