Sala 1

Sala 1
A creación das paisaxes do viño
Planta 0

Esta sala introduce ao visitante no proceso histórico da colonización e da expansión da vide en Galicia. O viñedo crea e modifica paseniño a paisaxe circundante, xera asentamentos e vertebra o territorio agrícola dende a Idade Media ata a actualidade.

Vestíbulos de transición: Os solos do viño en Galicia

A vide adáptase moi ben aos distintos tipos de solo e clima, producindo viños de calidade mesmo naqueles moi pobres en nutrientes. Os solos dedicados á vide están formados a partir de granitos, xistos, lousas, sedimentos aluviais e rochas de codia oceánica. Nestes espazos preséntanse cortes edafolóxicos de diferentes áreas vitícolas.