Está dedicada as cinco denominacións de orixe do viño en Galicia (Rías Baixas, Monterrei, Valdeorras, Ribeiro e Ribeira Sacra) e aos Viños da Terra, denominación que ampara as áreas con indicación xeográfica protexida.
Ilústrase o patrimonio asociado ao viño, como monumentos, as súas principais localidades, as cifras de produción de uva, as variedades cultivadas e os distintos caldos que producen, o que permite apreciar a riqueza e a diversidade da cultura do viño en Galicia.