Sala 4

Sala 4
O Ribeiro
Planta 0

O museo dedica unha sala á comarca vinícola na que está situado, unha das de maior personalidade e antigüidade de Galicia. Faise un percorrido pola historia, a identidade e o desenvolvemento da vitivinicultura, no que destacan fitos significativos, coma o seu papel nas reivindicacións agrarias, ou o nacemento e impulso das cooperativas. Tamén se tratan outros aspectos como o viño tostado, as feiras do viño do Ribeiro ou os procesos de comercialización.