
O Museo do Viño de Galicia tamén se fai partícipe de presentacións literarias poñendo en valor o eido vitivinícola galego e dándolle voz aos seus autores. O venres 8 de xullo foi testemuña da esperada presentación da obra máis recente do xornalista Luis Congil, titulada "A marabillosa historia do viño en Galicia", e que recolle nas súas páxinas unha interesante compilación da extensa tradición dos caldos galegos, percorrendo a súa historia dentro do noso territorio pero tamén demostrando que a súa fama tamén foi e segue sendo recoñecida a nivel internacional. Sendo esta unha obra que nace como resultado de máis de vinte anos de estudo e fonda investigación por parte do seu autor.
A conferencia contou coa presenza de Luis Congil, e tamén coas intervencións do presidente da Denominación de Orixe de O Ribeiro, Juan Casares Gándara, e do director do Museo do Viño de Galicia, César Llana Rodríguez.