Presentación de "A marabillosa historia do viño en Galicia", nova obra adicada ao mundo do viño.

10 de July do 2022
Presentación da obra "A marabillosa historia do viño en Galicia"

O Museo do Viño de Galicia tamén se fai partícipe de presentacións literarias poñendo en valor o eido vitivinícola galego e dándolle voz aos seus autores. O venres 8 de xullo foi testemuña da esperada presentación da obra máis recente do xornalista Luis Congil, titulada "A marabillosa historia do viño en Galicia", e que recolle nas súas páxinas unha interesante compilación da extensa tradición dos caldos galegos, percorrendo a súa historia dentro do noso territorio pero tamén demostrando que a súa fama tamén foi e segue sendo recoñecida a nivel internacional. Sendo esta unha obra que nace como resultado de máis de vinte anos de estudo e fonda investigación por parte do seu autor.

A conferencia contou coa presenza de Luis Congil, e tamén coas intervencións do presidente da Denominación de Orixe de O Ribeiro, Juan Casares Gándara, e do director do Museo do Viño de Galicia, César Llana Rodríguez.