É un elemento excepcional deste conxunto. Esta conformada por dúas galerías nas que se completaba o proceso de vinificación e de conservación dos viños que saían cara a Compostela. Escavada na rocha, este espazo é anterior á construción do edificio actual, momento no que presumiblemente se engadiron algúns abovedamentos ou arcos para asegurar a súa estrutura.