A última sala achéganos á transformación do mosto en viño. Nela explícanse os procesos de vinificación. Mediante un elemento didáctico experiméntanse os diferentes aromas do viño. Sublíñase tamén a importancia dos oficios relacionados directamente cunha adega: a figura dos culeiros e toneleiros e as súas ferramentas.