Exposición temporal "O viño nos Camiños de Santiago"

27 de Setembro do 2020
Fotografías da inauguración
A exposición, comisariada por Francisco Singul Lorenzo, foi inaugurada o 26 de setembro polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, e polo director do Museo o Viño de Galicia, César Llana Rodríguez.
 
A exposición consiste nun percorrido polas diferentes pegadas que a cultura do viño ten deixado na súa interacción co Camiño de Santiago. Como explica o seu comisario, Francisco Singul Lorenzo, o consumo do viño "incrementa a súa importancia coa chegada do cristianismo, ao se lle outorgar un papel central dentro da celebración eucarística, sen perder peso na alimentación".
 
Para coñecer esta historia, as fotografías e textos da exposición acompañan ao visitante pola xestión das ordes monásticas e militares, os cabidos e os bispados, ata que "xa chegados ao século II, contamos cun documento extraordinario, o Códice Calixtino, que no seu Libro V contén abondosas referencias ao viño e mesmo descricións dos caldos de moda na época: dende Terra de Campos ata Gascuña".
 
Da fértil relación entre o viño e o Camiño de Santiago nacen importantes feitos históricos, coma o do Cáliz de O Cebreiro, reliquia sagrada que foi reivindicada coma o Santo Grial galego, ou as redes comerciais do viño que nacían en Pontevedra e que levaban o viño de Galicia a toda Europa, ou os rituais de purificación da catedral de Santiago tras a morte dun peregrino nunha pelexa, na que houbo que empregar cinsa e viño.
 
Permanecerá visitable no Museo do Viño de Galicia, alomenos ata a Semana Santa, e logo comezará unha itinerancia por distintos centros de Galicia.