Marqués de Santa María del Villar

Data de nacemento
1880
Lugar de nacemento
Madrid
Data de defunción
1976
Lugar de defunción

Donostia-San Sebastián
Biografía

Diego Quiroga y Losada, marqués de Santa María del Villar.

José Pacheco. Ourense

Data de nacemento
1862
Lugar de nacemento
Portugal
Data de defunción
1954
Lugar de defunción

Ourense (l)
Biografía

José de Sousa Guedes Pacheco (Freixo de Espada-á-Cinta, Portugal, 1862, Ourense 1954), tras unha etapa de exercicio ambulante do oficio pola provincia, instala un estudio de «Fotografía Artística» en Ourense auxiliado polas súas sobriñas Olga e Beatriz quen traballaban como peitadoras. Proba do prestixio profesional e social logrado o mostra a nómina de fotógrafos formados entre os seus aprendices -por ejemplo, «Xesta», Dopazo, Ksado o Jaime Pacheco- así como a referencia que lle fai Blanco Amor en «Xente ao Lonxe». Do seu matrimonio con Julia Bautista nacerán tres fillos, José, Olga e Augusto. Os homes continuarán a profesión paterna, José en A Coruña e Augusto en Ourense ao frente do taller familiar hata a súa xubilación.

Jaime Pacheco. Vigo

Data de nacemento
1878
Lugar de nacemento
Portugal
Data de defunción
1954
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Jaime de Sousa Guedes Pacheco (Freixo de Espada-á-Cinta, Portugal, 1878), tras formarse co seu irmán José en Ourense, trasládase a Vigo, en 1907, asociándose con Cándida Otero, viuva de Felipe Prósperi; a sociedade «Pacheco e Vda de Prósperi» manterase ata 1915 ano no cal ten lugar o pasamento de Cándida. A partires desa data Jaime mantén en solitario a sinatura «Fotografía Pacheco», continuada despois polos seus fillos Alberto e Xaime. O estudio Pacheco na cidade de Vigo clausúrase no ano 1994. Tres anos antes, o Concello de Vigo teña adquirido o seu arquivo histórico. En 1899 formou unha sociedade cinematográfica con Xosé Gil realizando exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa.

Jaime Pacheco e Viúva de Prósperi. Vigo

Data de nacemento
1907
Lugar de nacemento
Vigo (m)
Data de defunción
1915
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Jaime de Sousa Guedes Pacheco (Freixo de Espada-á-Cinta, Portugal, 1878), tras formarse co seu irmán, José en Ourense, trasládase a Vigo, en 1907, asociándose con Cándida Otero, viuva de Felipe Prósper; la sociedad «Pacheco e Vda de Prósperi», se mantendrá ata 1915 en que ten lugar o pasamento de Cándida. A partir desa data Jaime mantén en solitario a firma «Fotografía Pacheco», continuada polos seus descendentes. O estudio Pacheco na cidade de Vigo clausurase no ano 1994. Tres anos antes, o Concello de Vigo adquiriu o Arquivo histórico da firma.