Viño para enfermos.

26 de Outubro do 2025
1

O viño como mediciña no século XIX e XX denominábano como "viño tónico", "viño de quina", "viño de ferro", "viño medicinal" ou "viño para enfermos".

Usábase para estimular o apetito, combater a anemia, axudar a dixestión, axudar ao sono, analxésico ou menos como reconfortante para convalecencias. Adoitaban ser viños xenerosos (tipo xerez ou Málaga doce) e estaban enriquecidos con quina, sales de ferro ou extractos de herbas dixestivas ou estimulantes.

O etiquetado contiña mensaxes como: Recupera as túas forzas, para nenos anciáns ou convalecientes, especial para enfermos. 

No caso dos nenos, dábaselle un pouco de viño doce con xema de ovo para "coller forzas". Tamén podía ser mesturado con azucre e pan para combater resfriados ou inclusive a asma.

No catálogo das boticas antigas, o viño figuraba ao lado do xarabe de cebola ou dos sales de quina.