Koshu é unha variedade de uva autóctona do Xapón cultivada dende fai miles de anos, que procede dun cruce entre variedades de Asia central e uvas silvestres xaponesas. A súa pel rosada, a súa maduración lenta e a súa admirable resistencia á humidade convértena nunha das poucas uvas viníferas que se adaptaron de maneira natural ao clima xaponés.
A rexión máis emblemática para esta variedade é Yamanashi, ao pe do monte Monte Fuji. As súas altitudes moderadas, a brisa fresca e un terroir único, permiten obter uvas de gran calidade.
Durante décadas considerouse unha uva sinxela, destinada a viños lixeiros, pero nos últimos anos perfeccionaron as técnicas ata elevar o koshu á categoría de viño fino, elegante e sorprendentmente gastronómico.
Ainda que a pel é de cor rosada, os viños que produce son brancos. O Koshu adoitar dar viños delicados, frescos e minerais, cunha pureza aromática difícil de conseguir noutras rexións. Entre as súas notas máis características destacan: Cítricos suaves, froitas de oso ou flores brancas.
Nos último anos varios productores comezaron a elaborar espumosos de Koshu mediante método tradicional. O resultado son burbullas finas, elegantes e moi refrescantes, ideais para aparetivos ou celebracións.
Como curiosidade, foi o primero viño xaponés exportado a Europa.