Sistemas de conducción da vide

6 de Agosto do 2023
Sistemas de conducción da vide

A vide é unha planta que vai medrando e estendéndose como unha especie de enredadeira, polo que permite que o seu cultivo se realice de diferentes maneiras segundo a zona na que nos atopemos. En Galicia podemos atopar tres formas características: o emparrado, a espaldeira e o vaso grego.

O emparrado é característico da denominación de Orixe das Rías Baixas. Este é un sistema que conduce a vide en altura, de xeito horizontal grazas ao uso dun armazón en forma de cuberta. O uso deste sistema nesta zona próxima a costa débese a varios factores: como principal, debemos nomear o poder alonxar as uvas do solo para evitar a humidade, e con isto as enfermidades fúnxicas, aunque tamén posibilita un maior aproveitamento da radiación solar e unha boa ventilación da planta. Como colofón, este sistema tradicionalmente foi moi usado porque permitía un aproveitamento do solo que se atopa debaixo da vide para a plantación de outros productos, pois os terreos da costa soían ser máis reducidos en tamaños. 

A espaldeira é usada sobre todo na zona do RIbeiro e introducida nos viñedos novos da zona de Monterrei. Trátase dun sistema que por medio de postes colocados nos extremos da liña do viñedo, se van unindo por medio de cables ou alambres, plantando a vide no solo e facendo que esta escale e se sitúe entre as liñas de alambre. Para conseguir que a planta siga o trazado desexado, tradicionalmente atábanse as pólas con bimbio. Este sistema facilita un maior aproveitamento da planta, facilita a aireación da mesma e aumenta a exposición solar.  

Finalmente, o sistema de vaso grego, é tradicional da denominación de Monterrei. Este, é un sistema de cultivo económico posto que non necesita unha base de instalación. Neste caso, as vides atópanse preto do solo, abrindo as pólas en forma de copa, o que dificulta a aireación e insolación das plantas. Por outra banda, pese a que este sistema leva acarreado unha menor carga de racimos, a calidade dos acadados será moi boa, polo que se prima a calidade ante a cantidade.