Entorno de viño e rosas... Algúns viticultores deciden plantar rosais nos estremos dos seus viñedos pero, é esta unha coincidencia que se da por motivos estéticos para embelecer aínda máis se cabe a paisaxe na que traballan? Nada máis lonxe da realidade! Esta decisión ten máis lóxica da que se pensa nun primeiro momento.
Os rosais actúan como unha sinal de alarma temperá ante unha enfermidade moi concreta e virulenta: o oídio. Tanto os rosais como as vides son plantas moi sensibles aos ataques deste fungo. Sen embargo, os síntomas da enfermidade reflíctense un pouco antes nos rosais que na propia vide, polo que estas actuarán como un anticipado detector que axudará a que o viticultor descubra a enfermidade antes de que sexa demasiado tarde para salvar a futura colleita.