Os solos

16 de Xullo do 2023
Tipos de solo

O cultuivo da vide producese en toda Galicia, pero no tocante aos solos, non todas as Denominación de Orixe contan coas mesmas características subterráneas. Por norma xeral, os tipos de solo predominante na nosa comunidade son os de granito, xisto, lousa, sedimentos aluviais e rochas de codia oceánica. Como resultado das particularidades de cada tipo de terreo, os viños resultantes terán unhas características concretas. 

No tocante ao solo granírico, predominante en toda Galicia, podemos citar a acidez e a salinidadade do solo, dando como resultado viños lixeiros e minerais. Este solo, atopámolo por todo Galicia. 

O xisto, surxido da metamorfose de sedimentos areosos, arxilosos e mixtos de silicio e carbonato, favorece a acidez e o sabor do froito. Ao mesmo tempo, este tipo de solo, aporta aromas a froitos secos, e atopámolo na zona do Ribeiro. 

 A lousa, presente en Valdeorras, Monterrei e a Ribeira Sacra, é unha rocha formada a partir de sedimentos arxilosos e divida en capas. Tratase dunha rocha impermeable, que aporta unha alta drenaxe e favorece a maduración prolongada do froito, pois ao tratarse dunha superficie escura, absorbe a luz do sol e desprendea pola noite. No tocante ao viño, esta rocha aporta toques minerais moi marcados e grado alcohólico. 

Finalmente, os solos aluviais, surxidos do arrastre de sedimentos polos ríos na era cuaternaria, está formado por materiais diversos, como as arxilas, gravas redondas, areas e limos. Este tipo de terreo, que conta cun alto grado de nutrintes, proporciona unha alta producción de froito, pero con características máis difuminadas. Este tipo de terreo, podemolo atopar nas denominacións de Rías Baixas e Valdeorras. 

Independentemente das características propias de cada un, o importante é que sexa un solo profundo, estea ben aireado e ben drenado. Ademais das particularidades edafolóxicas e climatolóxicas de cada lugar, moitas veces os agricultores utilizan técnicas para favorecer o desenvolvemento das raíces, a drenaxe e o aireado do solo coa creación de bancais, a fertilización dos viñedos ou o subsolado profundo.