O proceso de batonnage

18 de Outubro do 2025
Proceso de batonnage

O batonnage é unha técnica enolóxica que se emprega na elaboración de viños brancos e, en menor cantidade, dalgúns tintos. Consiste en remexer as lías (lévedas, proteínas ou outros restos que se acumulan durante a vinificación) de forma regular e empregando unha vara ou batoneador, que é o que lle concede o nome ao proceso. 

Este procedemento, feito dutrante a crianza, ten o obxectivo de por en suspensión esas lías e favorecer o seu contacto co viño. O resultado disto? Un viño con maior complexidade aromática, corpo e cremosidade. E, ademáis, caldos cunha maior duración en botella, xa que as lías consumen o osíxeno e permiten lograr brancos de máis lonxevidade.