O Anxélica

26 de Xullo do 2025
1

Anxélica é unha bebida tradicional e emblemática da comarca do Ribeiro que combina o saber facer de séculos cun carácter único. Caracterízase por ser un licor doce elaborado a partir dun proceso tradicional que consiste na maceración do bagaño doce en licor de orujo.

O seu nome fai referencia a dulzura e carácter especial do viño, que a día de hoxe non está amparado pola denominación de orixe pero históricamente gozou de recoñecemento.

O Anxélica elabórase coa maceración do bagaño doce que provén da elaboración dos viños tostados, detendo así a fermentación e permitindo conservar o dulzor natural. Esta mezcla deixase macerar durante un tempo para que a augardente extraiga os sabores e aromas do bagaño dando lugar a un licor complexo e aromático. 

Este terá unha cor ámbar ou dourada con reflexos de natureza doce e embellecida, con notas a froitos secos, pasas ou mel e toques de herba que proveñen da augardete. E dicir, un sabor dolce e agradable cunha gradación alcohólica alta.