Leonardo Da Vinci e o viño.

18 de Febreiro do 2024
Leonardo

Leonardo Da Vinci foi un artista, científico e inventor do Renacemento italiano. Dise del que foi un home universal xa que foi á vez pintor, anatomista, arquitecto, paleontólogo, botánico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista.

Podemos dicir que unha das súas grandes paixóns era o mundo do viño e que coñecía con detemento a viticultura, apreciaba o viño polo seu sabor e tamén polas súas propiedades artísticas e científicas.

Nos seus cadernos podemos atopar anotacións sobre a produción de viño, a fermentación, a calidade e mesmo estudos realizados sobre a anatomía humana e os efectos do alcol no corpo.

Tamén se lle atribúe a creación do primeiro prototipo de sacarrollas no século XV, cando as botellas aínda non levaban cortiza de maneira habitual, pero disto, non temos referencias históricas ou científicas que o avalen como tal. 

A el, atribúenselle as frases: “Creo que son muy felices los hombres que nace donde se encuentran los buenos vinos” ou “el vino es la luz del sol, almacenada para el invierno.”