A historia que se agocha tras o encapsulado.

20 de Agosto do 2023
Historia sobre o encapsulado.

Son uns dos elementos más visibles das botellas de viño, localizados na parte superior e que recobren a cortiza e unha parte do colo do vidro, dende a boca ata o gollete. Falamos do encapsulado, parte importante pero non así imprescindible.

O selado mediante cápsula é moi posible que tivera os seus primeiros indicios durante a Idade Media para evitar a alteración dos viños ou posibles tentativas de falsificación. Pero habería que esperar ata chegado o ano 1760, momento no cal as cápsulas comezan a ser as grandes protagonistas tal e como hoxe en día son coñecidas.

A súa introducción, que nun primeiro momento ocorreu en territorio húngaro, a onde chegaban os máis deliciosos e prezados viños franceses de Burdeos, serviría para evitar a filtración de sustancias indesexadas e alteracións a través da manipulación da cortiza, aperturas indebidas ou intercambios por outros caldos de menor calidade, buscando preservar a súa orixinal integridade.

As primeiras que se fabricaron eran feitas de lacre ou de plomo, cos que se selaba aqueles viños de máis alta condición ou considerados de luxo, pero sería máis adiante, en 1789, cando o húngaro Sr. Hagi confeccionase a primeira cápsula de estaño, un material que gozaba dunha maior eficiencia, adherencia e máis flexible, factores que se contrapoñían aos anteriores materiais.