As estruxadoras

19 de Marzo do 2023
Estruxadora

Hoxe en día é común ver estruxadoras mecánicas ou prensas  para a extracción do mosto das uvas, pero durante a antiguedade o método máis extendido para acadar este preciado líquido era o pisado. 

Este método, estendeuse sobre todo en adegas caseiras ou en aquelas que carecían de lagares, e aínda que nos últimos anos do século pasado, era habitual atopar a xente pisando en tinallas de plástico, este método evoluciona desde as moxegas. 

Esta peza estaba diseñada para encaixar na abertura do barril, para unha vez colocada, un pisón se adicaba a pisar as uvas mentres que os carrexóns vaciaban o contido dos cestos nesta peza. 

Debido ao tamaño das cubas nas que estaba encaixada a moxega, estas soíanse colocar en pezas firmes que evitaran que se moveran, polo que se volvían pezas relativamente fixas nas adegas, soamente movéndose para limpezas ou reparacións. 

Pero avanzando no tempo, estas pezas comezan a ser sustituídas polas estruxadoras. Esta nova maquinaria,parte da moxega, contando en orixe coa mesma forma, pero engadíndo uns cilíndros (de ferro ou madeira) no fondo para facilitar a rotura dauva, evitando ter que pisar. 

Estas estructuras, evolucionan ata hoxe en día, sendo unha ferramente moi usada nas adegas modernas.