
Co motivo da 60 edición da Feira do Viño do Ribeiro e como complemento da súa masterclass sobre os viños tostados, o sumiller Josep Roca visitou o Museo do Viño de Galicia para coñecer a elaboración e historia dos nosos viños.
Tras finalizar a entrevista realizada pola revista “La Alacena Roja”, este famoso e influente sumiller decidiu facer un percorrido polo Museo do Viño de Galicia e quedou abraiado coa prensa histórica feita para a elaboración do viño tostado e tamén cos lagares do antiguo priorato de Santo André.
Josep Roca, xefe de sala e copropietario do “El Celler de Can Roca”, foi recoñecido o ano pasado como Mellor Sumiller do Mundo polo “The World´s 50 Best Restaurants” de Londres.