Alain Huetz de Lemps e os viños galegos

28 de Xuño do 2025
Estrulladora manual (A Rúa)

Alain Huetz de Lemps (1926-2024), xeógrafo e botánico francés, ocupa un posto de honra na historia recente dos viñedos de Galicia e do noroeste peninsular. O seu traballo Vignobles et Vins du Nord Ouest de l'Espagne, recentemente editado e traducido ao galego con título Viñedos e viños de Galicia, continúa a ser na actualidade unha obra esencial. Malia a súa data de publicación orixinal, no 1967, o seu estudo aínda é imprescindíbel para achegarse ao coñecemento da historia e as prácticas tradicionais da vitivinicultura destas terras. 

Ademais desta labor científica, as viaxes que o autor fixo polas nosas terras para documentarse deixaron unha interesante colección de fotografías que nos falan da produción do viño en Galicia noutra época. 



Nas imaxes, pisa da uva en arca de carro (Carballeda de Valdeorras) e estrulladora manual (A Rúa).

c. 1955, Alain Huetz de Lemps.