Xornadas "Novas na chegada do viño a Galicia"

Continuamos o ciclo sobre a chegada da vide á Península e o papel dos mosteiros no seu auxe.

De
5 de Novembro do 2021
ao
6 de Novembro do 2021
Museo do Viño de Galicia
Novas na chegada do viño a Galicia

O ciclo "Novas na chegada do viño a Galicia", complementa o foro sobre a mesma temática desenvolto o pasado mes de setembro no Centro Marcos Valcárcel de Ourense; nesta ocasión prográmanse dúas intervencións que nos aproximan a unha panorámica no marco da Península e ao papel dos mosteiros no cultivo xeralizado da vide e a produción de viño en Galicia.

As ponencias correrán a cargo de:

Dona Yolanda Peña Cervantes, Profesora Axudante Doutora do Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da UNED. Membro da Misión Arqueolóxica en Roma dentro do proxecto de investigación do Palazzo da Villa de Adriano en Tívoli. A súa especialidade refírese á produción de viño e aceite en contextos romanos e medievais.

Don Francisco Javier Pérez Rodríguez, Doutor en Xeografía e Historia, sección Historia, pola Universidade de Santiado de Compostela e Profesor Titular de Historia Medieval da Universidade de Vigo. O seu longo labor de investigación xira ao redor deste período e queda recollido no abundante número de publicacións referidas a tal contexto.

A entrada é libre e de balde ata completar aforo e o seu seguimento en liña é posíbel inscribíndose na seguinte ligazón:

http://www.acoruna.uned.es/noticias/noticia/actividad-cultural-xornadas… 

Agradecemos á Universidade Nacional de Educación a Distancia de A Coruña por facilitar esta actividade como Curso de Extensión Universitaria e que as intervencións sexan emitidas en streaming.