A III Cata Sonora chega ao Museo do Viño de Galicia.

De
6 de Xullo do 2023
ao
14 de Setembro do 2023
III Cata Sonora.

Por terceiro ano consecutivo terá lugar no Museo do Viño de Galicia unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais como o blues, o pop ou o rock, e que contará con artistas tanto nacionais como internacionais que compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como o é a terraza exterior do museo. Esta edición celebrarase durante os meses de verán, dende xullo ata setembro, e contará coas seguintes actuacións:

▃   Xoves 6 de xullo: Andhrea & The Black Cats.

▃   Xoves 27 de xullo: Paula Martins & Victor Aneiros.

▃   Xoves 10 de agosto: Immaculate Fools, co dúo conformado por Kevin Weatherill & Paco Charlin.

▃   Xoves 24 de agosto: Nastasia Zürcher.

▃   Xoves 14 de setembro: Alendalúa.

O inicio dos concertos será ás 21:00h., con entrada libre ata completar o aforo. Ao remate poderá degustarse unha copa de viño.