
Por terceiro ano consecutivo terá lugar no Museo do Viño de Galicia unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais como o blues, o pop ou o rock, e que contará con artistas tanto nacionais como internacionais que compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como o é a terraza exterior do museo. Esta edición celebrarase durante os meses de verán, dende xullo ata setembro, e contará coas seguintes actuacións:
▃ Xoves 6 de xullo: Andhrea & The Black Cats.
▃ Xoves 27 de xullo: Paula Martins & Victor Aneiros.
▃ Xoves 10 de agosto: Immaculate Fools, co dúo conformado por Kevin Weatherill & Paco Charlin.
▃ Xoves 24 de agosto: Nastasia Zürcher.
▃ Xoves 14 de setembro: Alendalúa.
O inicio dos concertos será ás 21:00h., con entrada libre ata completar o aforo. Ao remate poderá degustarse unha copa de viño.