A «II Cata Sonora» volverá a soar no Museo do Viño de Galicia.

De
7 de Xullo do 2022
ao
29 de Setembro do 2022
II Cata Sonora.

As maridaxes entre música e viño sempre conseguen ser todo un acerto. Despois do éxito acadado durante a primeira edición da “Cata Sonora”, celebrada por vez primeira durante a pasada tempada estival no Museo do Viño de Galicia, volven estas novas veladas que se convertirán nun punto de reunión entre o talento de diversos artistas do panorama galego co público asistente ao evento.

Neste 2022 os meses de xullo, agosto e setembro volverán a ser testemuñas dunha nova edición da Cata Sonora, que repetirá escenario na terraza do propio museo e terá como telón de fondo o solpor do Ribeiro. O encargado de inaugurar a edición de este ano será Strange Mystery Flower, continuando con Pablo Seijas, Mallou, María Mendoza e, combinando o cinema coa música, Olga Brañas será a responsable de clausurar o ciclo de concertos.

A «II Cata Sonora» contará con entrada gratuita, entrada libre ata cubrir aforo e, ao remate do concerto, os asistentes poderán desfrutar dunha pequena degustación de viño.