Onte achegouse a visitar o Museo do Viño de Galicia un grupo ben especial conformado por algúns usuarios procedentes da Residencia Xeriátrica Quercus de Leiro, converténdose esta nunha das primeiras visitas grupais deste novo ano.
A súa relevancia é notable pero tamén é dobre: Dende o Museo gustaríanos agradecer a súa visita e, sobre todo, a colaboración que tiveron co Museo Etnolóxico de Ribadavia na realización de diversas actividades e eventos durante os meses da pandemia, polo que recibilos en persoa, foi un momento moi especial.
Os usuarios desfrutaron dun petisco e un viño seguido por unha visita polo Museo do Viño de Galicia