Primavera de Portas Abertas de O Ribeiro

7 de Xuño do 2025
1

A fin de semana do sábado 31 de maio e o 1 de xuño celebramos a Primavera de Portas Abertas no Ribeiro e este ano o Museo do Viño participou en tres das súas rutas. Contamos con un total de 75 participantes que gozaron dunha visita guiada polas nosas instalacións, onde aproveitaron tamén para refrescarse un pouco das altas temperaturas que sufrimos nesta zona durante a fin de semana. O último dos autobuses, procedente de Ferrol, puido degustar un dos nosos viños de Evega. 

Os visitantes recalcáronnos a importancia de manter vivas estas inicitivas, xa que, a meirande parte era a primeira vez que visitaban a comarca de O Ribeiro e podían tomar un viño coa traquilidade de logo desprazarse aos seus lugares de orixe en autobús.

Moitas grazas a todos por vir! É un inmenso pracer ter visitantes tan atentos, até a próxima!