Presentación do libro “O patrimonio do Viño. Ruta polas adega e camiños do Ribeiro”

23 de Decembro do 2022
O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños do Ribeiro.

O día 22 de decembro o Museo do Viño de Galicia presentou a obra, escrita por Lucas Sánchez Taboada, “O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños do Ribeiro” a cal é unha guía con máis de 270 fichas e referencias relacionadas coa comarca do Ribeiro e coas adegas que conforman a Ruta do Viño do Ribeiro. Este libro, o primeiro dunha serie, está adicado a documentar bens móbeis do Ribeiro. 

Á presentación acudiron Anxo Manuel Lorenzo, Director Xeral de Cultura, José César Llana, Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, César Fernández, Vicepresidente da Deputación da Ourense e Ana Sánchez Taboada, encargada da fotografía do libro.