As xoaniñas, moi beneficiosas para os nosos viñedos.

23 de Agosto do 2025
Beneficios das xoaniñas para os viñedos.

As xoaniñas, eses encantadores insectos que serven como un verdadeiro praguicida natural e ecolóxico. Estes pequenos bichos son uns dos insectos máis beneficiosos para os viñedos e hoxe traemos esta curiosidade que moito nos chamou a atención a nós. Se o instinto nos di que os quitemos do viñedo rexeitade tal pensamento. O mellor é deixalos tranquilamente xa que a súa presenza é beneficiosa para a vide, tanto na súa versión larvaria como xa adulta.

As xoaniñas teñen unha gran capacidade de adaptación a diversas climatoloxías e a súa presenza é sinónimo de que a nosa vide se atopa con boa saúde xa que ao ser un depredador e alimentarse de pulgóns (moi perigosos para o viñedo!), cochinillas, pulgas, polillas e ácaros, son fundamentais á hora de controlar e previr posibles pragas que puideran afectar ás nosas colleitas.

📷 Imaxe tomada de Gravity Wine House.