Visita institucional ao Museo do Viño de Galicia

31 de Maio do 2025
Brinde con viño da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA)

Marcando o arranque da Primavera de Portas Abertas, iniciativa organizada pola Ruta do Viño do Ribeiro e Enoturismo Galicia, o Museo do Viño de Galicia recibiu a visita institucional de representación do Concello de Ribadavia, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, o Consello Regulador da D.O. Ribeiro e o Museo Etnolóxico de Ribadavia. 

Recórdase que tanto o cartel como o programa de actividades da Primavera de Portas Abertas pódese atopar nas redes sociais do museo ou en https://rutadelvinoribeiro.com/.