
O importante recoñecemento e consideración que, durante os últimos anos, continúan a acadar os viños galegos a nivel internacional segue a ser un aspecto a ter en conta e do que falar con orgullo. Así nolo demostra Alejandro Paadín, destacado sumiller e vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia”, e un dos autores da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2022”, en colaboración con seu pai, Luís Paadín. Un excelente resultado conseguido polas boas condicións inherentes á doada xeografía galega, a cal dota de especial calidade aos seus caldos convertendo os nosos viños nunha bebida única e prezada ao longo do país e máis alá das nosas fronteiras, unha cuestión manifesta nesta entrevista.
A continuación achegamos o enlace para poder acceder á entrevista completa.