A espectacular sala dos lagares do Museo do Viño de Galicia.

24 de Xaneiro do 2026
Sala dos lagares do Museo do Viño de Galicia.

Un dos espazos máis sorprendentes do Museo do Viño de Galicia é a sala dos lagares. Este antigo priorato, dependente do mosteiro compostelán de San Martiño Pinario, acolleu no pasado cinco impoñentes prensas destinadas á obtención do mosto, unha fase imprescindible para a elaboración do viño.

 

“El Monasterio de San Martín de Santiago tiene en el lugar de San Andrés una casa de Priorato con su alto y vajo y cinco lagares apertrechados frente quince baras castellanas f(fondo) y cinco dra Yzq”.

 

Catastro de Ensenada: Real de Eclesiásticos de San Andrés de Camporredondo, s. XVIII.