27 de Setembro do 2025
Hoxe difundimos dende o Museo do Viño de Galicia os gañadores do Errazuriz Wine Photographer of the Year 2025, unha categoría dentro dos World Food Photography Awards, entregados de forma anual dende o 2011. Iniciativas como esta serven para recordar o compoñente artístico e a significación cultural que poden acadar os alimentos e as actividades que se desenvolven ao seu redor.
A continuación, os gañadores e os seus traballos:
- Pinot Noir at Midnight de Heather Daenitz (Obra gañadora do Wine Photographer of the Year 2025)
- Window in the Vineyard de Alessandro Anglisani (categoría Paisaxes)
- The Hand in the Vat de Franck Tremblay (categoría Produción)