As novas tecnoloxías tamén chegaron ao viñedo! imos as falar dos Drons, uns aparellos voadores que están a facer máis sinxelo o traballo do viñedo.
O uso dos drons na viticultura converteuse nunha ferramenta clave para mellorar a xestión do viñedo, optimizar os recursos e aumentar a producción de maneira sostible. A continuación deixámosvos agúns exemplos do uso que se lle pode dar a estos aparellos.
-Mapeo e planificación do viñedo: Podemos coñecer os mellores terreos para plantar tendo en conta incluso a drenaxe do solo. Podemos ver se as novas plantas xerminan ou non e repoboar en caso de que sexa necesario.
-Análise hídrico e climatolóxico: Saber en todo momento se o noso viñedo ten as condicións idoneas para nacer ou albergar unha boa colleita ou ver o dano que os fenómenos meteorolóxicos poden causar ou causan no noso viñedo.
-Control de plagas e fitosanitarios: seguimento do viñedo para detectar cambio de coloración nas follas, indicativo da chegada de enfermidades ou detectar as pragas antes de que sexa visibles ao ollo humano, para así poder aplicar os fitosanitarios dunha maneria eficiente.
Imaxe: Campo galego.