A granxa de Gomariz, un punto de difusión das innovacións vitícolas na Idade Media, é un dos edificios máis importantes das arquitecturas do viño na comarca do Ribeiro. Nestas terras cistercienses e benedictinos edificaron ducias de explotacións e granxas adicadas a producción vitícola, que logon remitían aos seus mosteiros.
A granxa de Gomariz foi encargada polo mosteiro de Toxosoutos, na comarca de Noia (A Coruña) para garanter o fluxo dos mellores viños, e precisamente o enclave facía de intermediario entre as viñas controladas polo mosteiro e a propia sede monacal. A primeira nova desta edificación témola no ano 1206 e, dende esa época, o lugar funcionou como un centro de innovación agraria.
Coñece máis detalles a través do seguinte vídeo producido polo Museo do Viño de Galica e polo Museo Etnolóxico de Ribadavia: