A batalla dos viños

12 de Abril do 2025
Coroación de Filipe II de Francia

Na actualidade, moitos viños compiten en concursos e certames de todo tipo para medir e certificar a súa calidade. Dende premios locais ata recoñecementos a nivel internacional, este tipo de competicións serven para diferenciar e destacar o produto vencedor. Este fenómeno, non obstante, dista de ser algo novedoso. 

Un exemplo da antigüidade deste tipo de competicións sería a Batalla dos viños. Coñecida por un poema do ano 1224, nela teríanse enfrontado viños de Francia, a Península Ibérica e outras áreas do Mediterráneo. Malia non poderse comprobar se o concurso sucedeu de forma verídica ou é froito dunha invención literaria do autor, Henry d’Andeli, o texto constitúe unha mostra da existencia de rivalidades entre os distintoss caldos europeos en época medieval. 

A competición, na que resoultou vencedor un viño chipriota, tería sido convocada polo monarca francés Filipe II, o Augusto, e como xuíz seleccionouse a un clérigo inglés, procedencia que se consideraría imparcial á hora de intervir na decisión. O relixioso, no papel de avaliador dos caldos, non se limitou a aportar vencedores e vencidos e deixou unha curiosa clasificación na que se diferencia entre viños celebrados e excomulgados.

A continuación reprodúcese o fragmento do poema onde aparecen mencionados os viños españois: 

 

Primes manda le vin de Cipre

— ce n'estoit pas cervoise d'Ipre —

vin d'Ausois et de la Mosele,

vin d'Auni et de La Röchele,

de Saintes et de Tailleborc,

de Melen et de Treneborc,

vin de Palme, vin de Plaisence,

vin d'Espagne, vin de Provence,

de Monpellier et de Nerbone,

de Bediers et de Carcasone,

de Mosac, de Saint Melïon,

vin d'Orchise et de Sainttïon,

vin d'Orliens et vin de Jarguel,

vin de Meulent, vin d'Argentuel,

vin de Soissons, vin d'Auviler,

vin d'Esparnai le bacheler,

vin de Sesane et de Samois,

vin d'Anjo, vin de Gastinois, 

d'Isoudun, de Chastel Raol

et vin de Trie le Bardol,

vin de Nevers, vin de Sansuere,

vin de Verselai, vin d'Auçuere, 

de Tonaire et de Flaveni,

de Saint Porçain, de Soveni,

de Chabliues et de Biaune, 

vin qui n’est mie trop jaune, 

plus est vers que corne de buef,

tos les autres ne pris un uef.