8 de marzo. Día Internacional da Muller.

8 de Marzo do 2021
Pepa Rey

Co gaio do Día Internacional da Muller tivemos o pracer de recibir a visita da profesora Pepa Rey, docente do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións, centradas na Prehistoria, versan sobre cerámica, periodización cultural ou arte rupestre entre outros aspectos da nosa Historia. Mantivemos unha conversa con ela, coma homenaxe ao seu labor e coma exemplo de muller investigadora que abriu camiño a tantas outras que están aínda por vir.