Biografía
O mosteiro de Santa Maria de Oseira comezou a súa andaina o ano 1137, cando un pequeno núcleo de monxes se retirou á soidade para vivir a experiencia de Deus, integrándose na orde do Císter en 1141, baixo a dependencia de Claraval. A igrexa abacial, foi construída entre os anos 1200 e 1239 e está claramente influenciada polas igrexas de peregrinación. A sala capitular do mosteiro data de fins do século XV e está sustentada por catro columnas centrais de fustes torsos rematando nunha orixinal bóveda.